ONCE biblioteca da Fundación nenos, Ir a inicioContos que contaxian ilusion

Baltasar nado para investigar

Página anterior

© do texto Baltasar nado para investigar: Eva Latonda 2011 © das ilustracións: Maru García, 2011

Sobre as Enfermidades Raras (ER)

As enfermidades raras son un conxunto de diferentes síntomas e son moi pouco frecuentes.

Fíxate! Considérase unha enfermidade rara aquela que afecta unha ou dúas de cada mil persoas.

Existen unha morea de variedades e coñécese moi pouquiño delas; por iso gústanos dicir que rara non é a persoa, rara é a enfermidade.

Como a unión fai a forza, os médicos, os pais e os propios pacientes únense para procurar solucións que melloren a vida das persoas con enfermidades pouco frecuentes.

O diagnóstico é o máis importante. Por iso, fai falla máis investigación.

Baltasar, que ten unha enfermidade rara que aínda non se sabe cal é, decidiu ser investigador para coñecer máis e atopar bos tratamentos para todos eles.

Pequerrecho, pero matón,

Baltasar vaiche gustar mogollón..

Gústame o son do mar.

As ondas veñen e van. Como o farán? Persígoas e logo elas perséguenme. Por máis que corro, sempre lamben os meus tornecelos e me fan cóxegas nos pés.

Gústame a area mollada pero a seca dáme repelo.

Mami faime andar sobre ela, por algo relacionado cunha palabra difícil de repetir, pero que soa a motor-e-cidade.

Vivo nunha vila xunto ao mar e, cando me achego á beira, a avoa non para de dicir:

“Balta, mete só os pés… Non vaia ser…”

O «Nonvaiaser» ese, debe ser un medorento...

Cando baixo á cidade, vou ao «hospi». Alí todo é branco. As paredes, as batas, os zapatos, as sabas, os tubos, os dentes, os pelos, ata a miña doutora preferida que se chama Branca…

que os pintou unha nube??

No cole hai cores.

A miña profe Marisa dáme bloques grandes.

Eu colócoos. Salto cordas, xogo con pelotas enormes e arrástrome facendo a croqueta.

Debo ter un riso bonito porque lle gusta facerme rir.

Os maiores son estraños.

Son así, serios. Esquecen mirar as cousas; a pobre formiguiña que non pode con esa migalla de pan; o vento que levou esa folla voando… Onde a levará?

Non ven os peixes de cores que hai na auga, tan bonitos…

A avoa di que eu pregunto moito. O que son é un curioso. Por iso cando sexa maior quero ser listo coma Branca e descubrir o que acontece comigo.

Din que teño unha enfermidade rara.Será por iso de que non me medran de todo os dedos das mans? Os médicos non saben o que teño. Están buscando máis casos coma o meu para dar co diagnóstico.

As palabras cústanme e non ando coma Luisma ou Allison (os meus mellores amigos).

Teño unha supercicatriz aquí, por unha operación que me fixeron ao pouquiño de nacer. E ao respirar é coma se me picase o corazón.

Esta tarde marchamos antes da praia, e iso que hoxe as ondas estaban chulííííísimas, porque tiñamos Batallón de Investigación (o nome púxeno eu).

Unha vez á semana xuntámonos meus pais e eu, coa profe e os médicos (facémolo por ordenador e mesmo podo velos).

Falamos sobre os meus progresos.

Meus pais quedan sempre máis tranquilos porque imos avanzando aos poucos.

Gústame velos sorrir. ¿Sabrán cuánto les Saberán canto os quero? Abofé que si, porque me agariman cunhas apertas tan quentiñas que me derreto.

Preto da miña praia hai unha illa. Papi, que sabe moito, di que no fondo hai restos de barcos romanos. Encantaríame velos. Credes que poderían volver funcionar? Eu si o creo.

Trátase de atopar a forma de subilos cara arriba; xa se lle ocorrerá algo a papá. Logo, pegar os buracos que se fixeron.

Mamá ten un «pega-todo» fenomenal. E, ao final, colocar as velas, que a miña avoa ten unha morea de teas que lle penso pedir.

Volverán navegar.

Coma eu, que non só partirei con papá como o facían eses romanos.

Tamén serei un descubridor de «novas terras» onde os nenos con enfermidades raras poidan atopar grandes tesouros.

Nin as treboadas, nin as ondas, nin os lóstregos, nin as sereas nos poderán parar.

Porque son Baltasar,, nado parainvestigar…

Fin

Página siguiente