© del texto Calista Xornalista: Eva Latonda 2018 © de las ilustraciones: Maru García, 2018
IMID son unha serie de enfermidades que aparecen cando falla algo no noso sistema inmunolóxico, que é o encargado de protexernos.
Este fallo fai que o noso sistema ataque o noso corpo e que se inflamen algúns dos órganos de quen o padece.
Os seus nomes soan raro: artrite idiopática xuvenil, psoríase, enfermidade de Crohn, colite ulcerosa, uveíte hidradenite... e moitas máis.
Precísase que diferentes médicos se xunten para axudalos: pediatras, gastroenterólogos, reumatólogos, dermatólogos, oftalmólogos...
En España 50.000 nenos e mozos que teñen IMID e os seus país reciben o apoio de asociacións como ACCU, Acción Psoriasis ou Con Artritis.
Cousas que son moi doadas para ti, a outros moitos nenos e nenas con IMID lles custan: vestir, subir e baixar escaleiras, correr, ir todos os días á escola, etc...
Esta é a historia de Calista, unha nena con AIX (Artrite Idiopática Xuvenil).
Na súa canle de Youtube contaxia de alegría a todos os que a seguen.
Ola, seguidores.
Benvidos á canle de Calista xornalista.
Falo baixiño para que papi e mami non me escoiten.
Hoxe teño revisión coa doutora Merino e non teño ningunha gana de ir ó «hospi», así que decidín me agochar aquí, na miña tenda de campaña.
-Cali, onde estás?
Ese é papi. Podes oílo? Encántame a súa voz.
-Calista, miña rula. Sae ou chegaremos tarde á reumatóloga.
E esa é mami.
Cando me chama polo meu nome completo é que vai en serio. Non os quero enfadar, cóidanme tanto e tan ben, tan ben... que merecen todos os bicos do mundo.
Xa vos contarei como foi a revisión. Ata o vindeiro vídeo.
Ola, seguidores.
Aquí estou de novo na canle de Calista Xornalista.
As probas foron ben, medrei e iso é bo.
Pero coido que terei que volver perder escola porque estou algo “frouxiña”.
Se cadra a vós vos encantaría saltarvos as clases, pero a min non.
Quedo moi descolgada cos deberes...
...e preciso chegar á “uni” para poder ser xornalista.
Hoxe veu verme Zunduri , a miña amiga etíope que coñecín no hospital.
Entrevisteina na miña canle hai unhas poucas semanas. Lembrádesvos?
É ela a que me deu a idea para o traballo de
"A Semana das ciencias" da escola.
Como o tema este ano é a auga,
deseñamos un “fabrica-pozos” para enviar á súa aldea, un lugar en África chamado Walmara.
En Etiopía hai auga pero custa moito chegar ata ela.
Ademais escribín un artigo tan feitiño,que ata mo publicaron en Servimedia, a axencia de noticias da Fundación ONCE.
Aquí vos deixo a ligazón. Ata o vindeiro vídeo.
Ola, seguidores. Ó final non puiden ir á escola e non vin a presentación do noso "Fabrica-Pozos"
pero os meus amigos gravárono e vós tamén o poderedes ver.
Téñovos que contar que tiven un brote forte.
Mirade agora teño problemas nos meus ollos.Os médicos chámano uveíte.
Pero non vos preocupedes, grazas ás medicinas encontrareime mellor e aquí me teredes para seguir contándovos historias bonitas como fago sempre.
A deste novo vídeo é sobre Paulo e Paula, a quen tamén coñecín no hospital.
Paulo ten a enfermidade de Crohn e aféctalle á tripa, ten que ir moitas veces ó baño e iso dálle vergoña.
Paula ten psoríase e a pel pónselle vermella coma con «escamiñas» brancas.
Cando a xente lle pregunta que é o que ten, dálle vergoña e tápase.
"Fóra a vergoña"
, díxenlles.
Voulles facer unha entrevista na canle para que comprobedes o fortes e valentes que son.
Así que vos espero no meu seguinte vídeo para que os apoiedes e animedes, porque o único que non ten solución é a infelicidade.
Todo depende dun bo sorriso...
Hi, hi, hi...
Fin