Amador Actor
De 2 a 8 anos
Sobre a parálise cerebral
A parálise cerebral é coma unha ferida no cerebro que afecta a moitos bebés de todo o mundo.
Aínda que non doe, fai que moverse ou manterse en pé se converta nunha tarefa complicada. Hai quen usa muletas; outros, cadeiras de rodas. A eles, que son coma ti, cústalles controlar os seus músculos, polo que ás veces tamén poden falar con dificultade.
De maneira distinta a ti, son capaces de aprender unha chea de cousas que lles fan moi felices. Se coñeces a alguén con parálise cerebral non dubides - facerte o seu amigo.
Descubrirás un compañeiro que saberá quererte coma ninguén.
Esta mañá erguinme cunha dor de cabeza tan grande coma o balón do meu curmán Nacho.
Non é un balón normal.
Non sei canto mide exactamente, pero de verdade que é enorme. Ou iso creo eu…
O certo é que a min todo me parece xigantesco.
Cando nacín dixéronlles aos meus pais que me custaría andar e falar, así que teño que pasar moito tempo sentado.
Pero non me importa, porque a esta altura todo é máis grande e máis bonito.
Preguntarédesvos cal é a razón de que me doa a cabeza. É que onte estiven ata moi tarde repasando o papel. AH! Perdoade, aínda non vos dixen que me estou a preparar para ser actor e que hoxe é a estrea da miña primeira función.
Miña nai dime que busque outro traballo máis estable (creo que lle gustaría que me dedicase a outra cousa), pero non creo que poida, eu levo o escenario no sangue e non vou parar ata percorrer todos os teatros do mundo!
Na función do colexio, a que estreamos hoxe, déronme o papel protagonista.
Vou ser o Principiño! Coñecedes esa historia que escribiu Antoine de Saint- Exupéry? É xenial. Eu estou totalmente identificado coa personaxe. Si, definitivamente creo que me asemello a el, e iso facilítame a interpretación, claro.
Xa o temos todo preparado, a perruca, as roupas, o texto, pero os nervios estanme a traizoar.
Trátase da miña primeira actuación e estou temeroso, intranquilo, e ao mesmo tempo feliz e contento, así que debe ser normal que me doa a cabeza. Papá non deixa de dicirmo.
Supoño que o Principiño tamén debía ter dores de cabeza. Cos baobabs crecendo no seu planeta, a limpeza dos volcáns, as necesidades da súa delicada rosa… Por iso debeu marchar a percorrer o universo…
Eu, ao igual que o Principiño, teño unhas ganas enormes de viaxar e coñecer outros lugares.
Aínda que todo o que quero o teño aquí, coa miña nai e co meu pai, e por suposto co meu curmán Nacho, que ademais dun balón grande, ten un corpo moi considerable.
Nacho está sempre comigo. Cando ri, parece que trona, aínda que mol -
Acordamos que me acompañe cando estea de xira. Se case sempre sabe o que estou pensando sen dicir unha soa palabra!
Ao igual que o raposo de O Principiño, el mírame cos ollos do corazón, que é o único co que se poden ver as cousas verdadeiras.
Por iso cando preciso ánimos, Nacho sábeo e murmurando dime a modiño ao oído:
Amador, es o mellor actor.
E nese momento parece que poido oír o público sentado nos seus asentos, bisbando e carraspexando. Están agardando a que comece a función.
Cando as luces se apaguen e o pano se abra, todo comezará ante min.